OS PARTICIPANTES NO VIII TORNEO DE VOLEI PRAIA DA GUARDA DOAN 35 QUILOGRAMOS DE COMIDA Ó BANCO DE ALIMENTOS
O campionato xogouse esta fin de semana na praia da Lamiña.
Esta fin de semana celebrouse na praia da Lamiña da Guarda ó VIII Torneo de Volei Praia, organizado polo Concello da localidade.
A inscrición para este campionato, no que participaron dezaseis parellas, foi gratuíta, pero a organización invitaba a doar algún paquete de comida ó Banco de Alimentos municipal. En total recolléronse 35 quilogramos de comida entre as que se distinguía, por exemplo, paquetes de arroz ou pasta, galletas, botes de cacao, latas de conservas ou botellas de aceite.
Todos estes paquetes xa se encontran no Banco de Alimentos e dende a Concellería de Servizos Sociais, da que está ó fronte a concelleira Mª Teresa Vicente Baz, comezarán co seu reparto entre as familias que máis o precisan.
Éxito do Torneo
As dezaseis parellas participantes no VIII Torneo de Volei Praia organizado polo Concello da Guarda mostráronse moi satisfeitas polo resultado.
Finalmente, resultaron gañadores deste campionato a parella formada por Lexo e Gabri e subcampións Koke e Diego. De terceiros quedaron Piño e Rafa, e cuartos Yago e Víctor.