AMPLÍASE O PRAZO PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS DE CARÁCTER LÚDICO “COIDARTE”
O departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que se amplía o prazo para solicitar prazas para participar no “Programa Diúrno de Balnearios de Carácter Lúdico COIDARTE”, organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra.
O programa consiste en pasar cinco tardes ou mañás seguidas (de luns a venres), nun Balneario da nosa provincia.
Destinatarios e requisitos dos mesmos:
1. Nacer antes de 1965, feito que se deberá acreditar cunha fotocopia do Documento Nacional de Identidade (DNI) ou o número de identidade de estranxeiro (NIE).
2. Ser pensionista. Neste caso deberán achegar unha fotocopia do certificado correspondente.
3. Precisar dun respiro, o que se acreditará mediante un informe do traballador social dos servizos sociais comunitarios básicos.
É requisito indispensable non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible ca actividade do programa.
O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 5 de outubro.