O Concello organiza clubes de lectura e contacontos para dinamizar a biblioteca municipal
O Concello da Guarda organiza clubes de lectura e contacontos para dinamizar a biblioteca municipal e atraer a veciños e veciñas da localidade.
Así, dende a Concellería de Cultura e Educación, ponse en marcha clubes de lectura tanto xuvenil coma adulto. Nestes clubes, os membros se porán de acordo para ler un mesmo libro que será prestado pola biblioteca. Tras a súa lectura, quedarán para a posta en común da historia e as súas opinións, ademais de comentar aquelo que máis, ou que menos, lle gustou do libro.
A data das reunións serán acordadas entre os membros do grupo.
Todas as persoas interesadas en pertencer ó clube poderán inscribirse dende o próximo xoves, 15 de outubro, ata o día 29, na propia biblioteca municipal, situada no Centro Cultural. O horario de apertura é de 17 a 20 horas da tarde.
Contacontos mensuais
Para os máis pequenos o Concello ten organizadas sesións de Contacontos. Esta actividade comenzará o 7 de novembro, e se repetirá o primeiro sábado de cada mes.
Para acudir as sesións de contos falados non fai falla facer ningún tipo de inscrición, tan só acudir á biblioteca no horario fixado, que sempre será de mañá.
Con este tipo de actividades a Concellería de Cultura e Educación, que dirixe Elena Baz, busca fomentar e promocionar a lectura entre grupos de persoas de todas as idades.
Ademais queren achegar a biblioteca municipal a todos os veciños e veciñas da Guarda.