A planta baixa da Praza de Abastos permanecerá pechada por obras do día 12 ao 19 de outubro
O Concello da Guarda pide desculpas polas molestias que estas obras poidan ocasionar tanto aos traballadores coma os veciños e veciñas da localidade
A planta baixa da Praza de Abastos do Concello da Guarda permanecerá pechada por obras dende o luns, día 12 de outubro, ata o próximo luns, día 19, do mesmo mes.
Durante estas datas vanse levar a cabo diferentes reformas no edificio para mellorar a súa accesibilidade, funcionamento e estética. Así, por exemplo se instalará un lavadoiro para que os traballadores da praza poidan limpar as súas caixas e pescado, desaparecerán os postos fixos do medio da planta para colocar uns móbiles, se cambiará o chan ou se unificará a estética dos diferentes postos.
O Concello da Guarda pide desculpas polas molestias que estas obras poidan ocasionar tanto aos traballadores coma os veciños e veciñas da localidade.
Orzamento
Estes traballos teñen un orzamento de máis de 128.000 euros, dos cales, o 70% están subvencionados pola Xunta de Galicia e os outro 30% vén de parte do Concello.
Dentro desta partida, ademais, hai una parte que está adicada á formación dos propios praceiros. Así, no mes de outubro, están programados uns cursos de mentoring e coaching para os traballadores da praza de abastos.