O Concello da Guarda impulsa un novo programa de voluntariado
A colaboración está aberta para todo tipo de iniciativas.
O Concello da Guarda impulsa novamente un programa de voluntariado para todos os veciños e veciñas do municipio que estean interesados en participar en actividades que se realizan na vila.
Para inscribirse deben dirixirse á oficina da OMIX.
Na actualidade os voluntarios están participando, por exemplo, en actividades relacionadas co Camiño de Santiago ou deportivas, pero a posibilidade de colaboración está aberta a todo tipo de iniciativas.