Cinema por Samaín
“O Apóstolo” será presentado polo guardés Álvaro Lomba
O Concello da Guarda organiza unha sesión de cinema apto para tódolos públicos para celebrar o Samaín.
O filme que se proxectará será “O Apóstolo” e a cita é este venres, 30 de novembro, no Centro Cultural ás 20,30 horas.
O guardés Álvaro Lomba, coordinador de efectos especiais e supervisor de postproducción desta película, será o encargado de presentala. A pesar de estar tan lonxe -na actualidade vive en Oslo- Álvaro, a través dunha videograbación, contará a todos os espectadores cal foi a súa labor e o traballo que desenvolveu neste filme.
Sinopse
“O Apóstolo” conta unha historia de misterio ambientada no Camiño de Santiago na que, mésturase o suspense, o humor e a fantasía a partes iguais.
O protagonista do filme é un preso recen fuxido da cadea que se verá envolto en moitos e moi estraños sucesos ó intentar recuperar un botín escondido hai moitos anos. Nas súas aventuras encontrará a outros personaxes que interromperán na súa búsqueda.
“O Apóstolo” é a primeira película de animación stop-motion de Europa feita mediante unha produción estereoscópica.
Tras recoller premios en decenas de festivais, tanto galegos, como españois e no resto de Europa, este filme chega á Guarda para celebrar o Samaín con todos os veciños e as veciñas do municipio.