A Deputación de Pontevedra subvenciona a elaboración do Plan de Accesibilidade municipal
A Deputación de Pontevedra vén de conceder unha subvención con cargo ao Plan Concellos 2017 por importe de 18.150 euros para a elaboración do Plan de Accesibilidade nos espazos urbanos do concello da Guarda. O Concello da Guarda traballará nos próximos meses no desenvolvemento do plan, co que se buscará mellorar a accesibilidade universal das rúas e outros espazos públicos do municipio.