O Centro Cultural acolle este xoves unha charla informativa sobre o programa “Familias de Acollida”
A cita é ás 18 horas.
Mañá, xoves 19 de novembro, no Centro Cultural da Guarda terá lugar unha charla informativa sobre o programa “Familias de Acollida”. O evento comezará ás 18 horas.
Dende o Concello da Guarda e a Cruz Vermella, organizadores da xuntanza, queren convidar a todos os veciños e veciñas da localidade a participar nesta charla para coñecer o que significa realmente converterse nunha familia de acollida.
Ademais de traballadores da Cruz Vermella, no evento estarán persoas que xa foron familias de acollida para, de primeira man, contar a súa experiencia.
Neste encontro tamén se falará sobre os motivos polos que os nenos e as nenas están dentro de este programa, as características dos menores e as súas difíciles situacións.
Aquel que precise máis información pode dirixirse o departamento de Educación Familiar ou a Oficina de Información Xuvenil do Concello da Guarda.