Os murais da iniciativa “Debuxando os meus dereitos” xa decoran os edificios municipais da Guarda
Os centros escolares da Guarda, en colaboración coa iniciativa do Concello “Debuxando os meus dereitos” conmemoran hoxe, 20 de novembro, o Día Universal dos Dereitos da Infancia.
En diferentes murais, os nenos e nenas dos colexios guardeses, reivindicaron os seus dereitos. Así, nos debuxos fálase do dereito a crecer en liberdade, a ter unha familia, á saúde e a educación ou á non ser discriminado.
Os oito murais, desde hoxe e ata o próximo venres día 4 de decembro, decorarán diferentes edificios municipais da localidade. Así, haberá tres expostos no Concello e outros tres no Centro Cultural. Ademais haberá un colgado na Piscina Municipal e outro decorará o Centro de Saúde.
O Concello e os centros escolares animan a todos os veciños e veciñas do municipio a recorrer os diferentes espazos para ver os variados murais.
A finalidade desta campaña é concienciar a cidadanía sobre a importancia dos dereitos na infancia facendo que eles mesmos sexan os principais protagonistas.