Entrega de diplomas do Curso de Pilates promovido pola Deputación e a Asociación de Mulleres Rurais da Guarda
Hoxe, mércores 25 de novembro, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a Deputada Provincial e Concelleira, Montserrat Magallanes, e a Concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente, fixeron a entrega de diplomas as alumnas do Curso de Pilates, promovido pola Deputación de Pontevedra e a Asociación de Mulleres Rurais da Guarda.
Esta entrega fíxose tras a última das sesións de pilates. Todas as clases desta disciplina de adestramento tanto físico coma psíquico tiveron lugar nunha das aulas do antigo Colexio Sinde.
Tanto o alcalde, Antonio Lomba, coma as Concelleiras, quixeron darlle os parabéns a todas as alumnas por finalizar este curso.