O concello da Guarda recorda aos comerciantes a convocatoria de reunión do mércores, 2 de decembro
O Concello da Guarda recorda aos comerciantes a convocatoria de reunión do mércores, 2 de decembro.
Despois do primeiro encontro, celebrado o pasado 9 de novembro, e tras a entrega de cartas nos diferentes establecementos, o concello convida aos diferentes locais a participar nesta nova cita.
Esta reunión ten coma obxectivo pechar definitivamente a programación do Nadal e falar das diferentes campañas.