A Guarda celebra un pleno infantil para conmemorar o día da Constitución
Esta mañá as cadeiras do Salón de Plenos do Concello da Guarda foron ocupados por uns representantes municipais e un público moi especial. Alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria dos colexios Solanas, San Xerome, Sangriña e Manuel Rodríguez Sinde participaron no pleno organizado pola Concellería de Educación para celebrar o Día da Constitución.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, foi o encargado de presentar este pleno, destacando o valor de que os nenos e nenas se acheguen ao Concello xa que “esta tamén é a súa casa”.
Neste pleno, os diferentes centros presentaron as súas mocións ó equipo de goberno, formado polos escolares do colexio Solanas, os que, dende a alcaldía propuxeron o regulamento do tráfico na Alameda.
Os nenos e nenas do centro San Xerome propuxeron a adaptación da piscina municipal, os alumnos e alumnas do CEIP A Sangriña a mellora na rede WIFI na Guarda e pola súa banda, os escolares do CEIP Manuel Rodríguez Sinde propuxeron melloras nas infraestruturas da escola de Música e no pavillón municipal.
Nos rogos e preguntas os rapaces e rapazas debateron, por exemplo, da oferta cultural para os nenos e nenas ou da mellora do servizo de urxencias.
Xa son moitos os anos que o Concello da Guarda leva a cabo esta iniciativa para conmemorar o Día da Constitución. O obxectivo é que, ademais de mostrar aos máis pequenos que é e para que sirve a Constitución, con esta actividade os escolares se familiarizan dunha maneira divertida coa política municipal, que é a que máis lles pode afectar.
O alcalde da Guarda, xunto coa Concelleira de Educación, Elena Baz e a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes asistiron ao pleno e afirmaron estar moi atentos as propostas para, se se pode, incluílas.