Apertura da mostra “Vestidos con pincel, cosidos con agulla” no Centro Cultural da Guarda
Este venres, 11 de decembro, se procedeu a apartura da mostra “Vestidos con pincel, cosidos con agulla” organizada polo Museo de Pontevedra en colaboración co Concello da Guarda, no Centro Cultural da vila.
No acto, que comezou ás 20,30 horas, estiveron presentes o alcalde guardés, Antonio Lomba e a Deputada Provincial e Concelleira da Guarda, Montserrat Magallanes, ademais da responsable de exposicións e actividades culturais da Deputación de Pontevedra, Begoña Fernández Lorenzo.
Estaba prevista a presenza do comisario da exposición José Luis Rodríguez pero finalmente non puido asistir xa que a mesma hora en Santiago se lle facía entrega do premio Antón Fraguas.
Begoña Fernández fixo un percorrido, aos máis de 30 persoas presentes nesta apertura, pola mostra. Así, a responsable da mostra destacou, por exemplo, o realismo do retrato de Román Navarro, algúns das pezas de Castelao ou as diferenzas entre as escenas de gala ou as de cotidianidade.
A exposición estará aberta no Centro Cultural ata o 27 de decembro.
A mostra leva asociados dous obradoiros, un para adultos sobre “Bordado Tradicional” e outro para nenos de “Viste o teu Cadro”.