A Guarda divulga o traballo das súas asociacións
O Concello da Guarda, a través das Concellerías de Cultura, Xuventude e Deporte, organiza a segunda edición da Mostra Asociativa, un evento no cal as protagonistas son asociacións e entidades de diversa índole que forman parte do amplo tecido asociativo existente do municipio.
Este ano a cita terá lugar o sábado 15 de setembro a partires das 10:30h na Alameda da Guarda. Neste espazo as asociacións guardesas darán a coñecer os seus atractivos aos asistentes, cunha ampla programación de actividades que contará con actuacións en directo, obradoiros, xogos, demostracións… sempre levados a cabo polas propias entidades.
Deste xeito o baile, a música, o fútbol, o hockey, a pintura, a convivencia e o coñecemento de toda a dinamización que temos na nosa contorna, congregaranse nun día aberto á participación de todo o mundo e no que as asociacións se implican para amosar o seu traballo.
O programa de actividades está xa a piques de pecharse e anunciarase en próximas datas, contamos con todos e todas para participar nun día festivo e reivindicativo.
Asociacións da Guarda: Unimos forzas!!!
Tag:A Guarda, asociacionismo, cultura, Deporte, Xuventude