Nova sesión de “Contos Contados”
Este sábado, 9 de xaneiro, celébrase una nova sesión de “Contos Contados” na biblioteca municipal da Guarda.
Nesta ocasión os nenos e nenas da vila poderán desfrutar da historia da “Rata linda de Compostela” do escritor Bernardino Graña. Tras coñecer este conto os nenos e nenas traballarán, xunto coa bibliotecaria, a través de diferentes exercicios e xogos co libro.
O Concello da Guarda a través deste tipo de iniciativas quere achegar a biblioteca aos veciños e veciñas da localidade e ademais fomentar a lectura.