Bases do Desfile-Concurso de Entroido 2016 da Guarda
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, organiza o Desfile-Concurso de Entroido 2016. O entroido é unha festa de carácter tradicional e a Concellería, para a súa celebración promove un desfile-concurso co obxectivo de manter a tradición local a través da participación de tódolos veciños da localidade.
Así preséntanse unhas bases nas que se contemplan ata cinco modalidades diferentes de participación e unha ampla variedade de premios.