Terceira sesión de “Conversas coa Xuventude” na que se falará de cooperación, integración e solidariedade
A cita é este venres, 22 de xaneiro, ás 20,30 horas na Casa dos Alonsos. Para falar sobre estes temas están convidados á charla representantes das asociacións Avelaíña, San Xerome, ConRazones, Cruz Vermella e Érguete.
O venres, 22 de xaneiro, celébrase a terceira das sesións de “Conversas coa Xuventude” organizadas polo Concello da Guarda.
Nesta ocasión os temas a tratar serán a cooperación, a integración, a diversidade e a solidariedade. Para falar sobre isto están convidados á charla representantes das Asociacións Avelaíña, San Xerome, ConRazones,Cruz Vermella e Érguete.
Os invitados e protagonistas nesta charla falarán da súa labor a prol da integración en toda a Comarca do Baixo Miño.
Neste encontro o que se busca é a implicación da sociedade nas diferentes actividades que se levan a cabo para conseguir mellorar a nosa contorna.
A cita, como en anteriores ocasións é ás 20,30 horas na Casa dos Alonsos. Dende a Concellería de Xuventude quérese convidar a todos os veciños e veciñas da localidade a participar nesta nova sesión de “Conversas coa Xuventude”.