Convocatoria de 200 bolsas de prácticas laborais da Deputación de Pontevedra en Concellos da Provincia
O prazo para que as persoas interesadas entreguen a documentación requirida na Deputación é o próximo luns, 8 de febreiro. Os contratos son de seis meses que poderán prorrogarse outros seis máis
A Deputación de Pontevedra saca a convocatoria de 200 bolsas de prácticas laborais para os Concellos da provincias.
Estas bolsas están destinadas a persoas con títulos universitarios ou de formación profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, coa finalidade de promover e complementar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación no mercado laboral.
A información das titulacións requiridas, dos Concellos e as bases para acceder a dita convocatoria, están publicadas na web da Deputación www.depo.es.
O salario será de 800 euros para as persoas con titulación universitaria e de 700 euros para aqueles que teñan un ciclo superior de formación profesional.
As bolsas son de seis meses de duración, que poderán prorrogarse outros seis meses máis.
Inscrición
Todas as persoas interesadas en conseguir estas bolsas deberán facer unha inscrición previa na páxina da Deputación, descargala e imprimila.
A continuación deberán presentar o xustificante, xunto con toda a documentación requirida no edificio da Deputación en Pontevedra, nun prazo de vinte días naturais a partir de hoxe (data límite luns 8 de febreiro).
Unha vez expirado este prazo se ditará unha resolución coa lista de admitidos e excluídos e se abrirá un prazo para emendar o defecto que motivou a exclusión.
Para seleccionar os candidatos haberá un baremo de méritos e unha segunda fase cunha proba tipo test.
Concello da Guarda
Nestas bolsas o Concello da Guarda solicita:
– Un licenciado ou graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
– Un diplomado ou graduado en Turismo
– Un graduado en Enxeñería de Edificación/Arquitectura Técnica
– Un licenciado ou graduado en Xornalismo