A Guarda avanza nun padrón municipal máis áxil e eficiente
O Concello da Guarda ven de incorporar un servizo de padrón municipal máis áxil e eficiente, grazas a un convenio marco coa Deputación de Pontevedra, que permitiu a implantación, uso e soporte dunha solución con novas ferramentas.
Entre as novidades máis importantes destaca a posibilidade de que os veciños soliciten volantes de padrón dende a súa propia vivenda, sen necesidade de desprazarse ata o consistorio, deste xeito, e cun certificado dixital, os veciños poden solicitar un volante de padrón a través da sede electrónica.
En futuras datas incorporarase tamén a funcionalidade para poder pedir de xeito telemático os volantes de padrón colectivo, e agárdase que tamén sexa posible facelo sen empregar certificados dixitais, o que favorecerá o acceso a este servizo por parte da poboación.
Tag:A Guarda, novas tecnoloxías, Padrón