O GES da Guarda visita os centros educativos para realizar charlas informativas
Dende a pasada semana efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Guarda veñen de iniciar o ciclo de charlas informativas co arranque do novo curso lectivo.
Estas charlas informativas teñen coma obxectivo que os rapaces e rapazas saiban como actuar ante situacións de risco ou emerxencias, coñecendo o funcionamento dos plans de autoprotección dos seus respectivos colexios e centros educativos, así coma saber coma realizar unha correcta evacuación en caso de incendio, grazas á realización de simulacros de evacuación.
Por outra banda, tamén este ano o GES da Guarda inicia nos centros educativos unha serie de xornadas adicadas aos primeiros auxilios, de cara a que o propio alumnado saiba como debe de actuar en caso de que algún compañeiro teña unha emerxencia de saúde ou se sinta indisposto. É de suma importancia atender nun primeiro momento e tamén saber como facelo dun xeito adecuado e correcto, minimizando os riscos para a saúde.
Estas actividades súmanse ás que se realizan anualmente en colaboración entre o GES da Guarda e os diferentes centros educativos da vila.
Tag:A Guarda, charlas, educación, emerxencias, GES