Os participantes do programa de Mentoring do Concello da Guarda realizan un vídeo para mostrar o seu traballo
O Concello da Guarda leva meses traballando nun programa de Mentoring que ten coma obxectivo axudar as persoas a mellorar tanto profesional coma persoalmente.
Dende o mes de outubro un grupo de xoves participan neste programa de asesoramento e acompañamento persoal para a posta en marcha dun novo negocio.
O camiño percorrido, os seus logros e inquedanzas e tamén os obxectivos marcados por eles mesmos e por os seus profesores, son os contidos dun vídeo onde os protagonistas son os participantes do “Mentoring”.
Neste vídeo mostran, desta maneira, o resultado real desta iniciativa promovida pola OMIX e a ADEL do Concello da Guarda.
Ademais, grazas a que algúns dos participantes xa conseguiron as súas metas e na actualidade están a traballar, este vídeo sirve para animar a outros veciños e veciños da vila a participar no programa de Mentoring.
Aqueles que estean interesados poden solicitar información na OMIX e a ADEL no Concello da Guarda e no teléfono 986 61 00 00.
Neste enlace pode verse o vídeo: https://youtu.be/1FMO1hSkhDE