A Guarda contrata a un informador/a para a oficina de turismo
O Concello da Guarda contratou un informador/a para a oficina de turismo da Guarda a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra por un importe total de 3.000€.
O informador prestou asistencia na Oficina Municipal da Turismo da Guarda atendendo aos visitantes e informando dos servizos turísticos dispoñibles na vila da Guarda, aportando un apoio esencial para a atención aos milleiros de visitantes que ano a ano visitan o noso pobo.
De xeito xeral, as tarefas desenvoltas na oficina de información turística baseáronse na atención directa do visitante; proporcionando información turística, tanto sobre os recursos e eventos de interese da localidade, como sobre os existentes na comarca e localidades próximas.