Chus Lago madriña da “IX Gala do Deporte Guardés” que se celebra este venres
Este venres 4 de marzo, celébrase no Centro Cultural a IX Gala do Deporte Guardés. A hora de comezo é ás 20,30 horas. Neste acto o Concello da Guarda quere valorar a traxectoria e os títulos acadados polos deportistas guardeses nas diferentes disciplinas que practican.
Nesta ocasión se contará coa presencia da recoñecida e prestixiosa alpinista viguesa, Chus Lago, que exercerá de madriña desta gala conducida polo presentador da TVG Terio Carrera.O Concello da Guarda quere convidar a todos os veciños e veciñas da vila a gozar desta velada e a acompañar aos deportistas locais que serán, un ano máis, os protagonistas.