A Guarda conta con dúas Mesas para a práctica do Xadréz ao aire libre
O Concello da Guarda ven de instalar recentemente dúas mesas de Xadréz cos seus respectivos asentos na parte posterior do edificio do Centro Cultural da vila, unhas instalacións que servirán para a práctica do Xadréz, ofertando ademais dun servizo de préstamo de fichas de Xadréz e Damas na recepción do Centro Cultural.
Estas mesas de Xadréz foron instaladas grazas a un Convenio de Colaboración no que a Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra realizou a doazón destes elementos escultóricos, que poden arestora empregar todos os guardeses e guardesas.
O Alcalde da Guarda e o Concelleiro de Deportes aproveitaron para comprobar “insitu” a instalación desta obra escultórica e xogar unha partida de Xadréz, convidando a todo aquel que o desexe a empregar as fichas postas á disposición na recepción do Centro Cultural no seu horario habitual de apertura, de luns a venres de 10:00h a 13:00h a 17:00h a 20:00h e os sábados 10:00h a 13:00h.