Alumnos e alumnas da Guarda participan nun Pleno Escolar
O pasado xoves día 31 de xaneiro de 2019 celebrouse no Salón de Plenos do Concello da Guarda unha sesión do Pleno Escolar que se celebra con carácter anual e que nesta edición contou coa participación dos alumnos e alumnas de 1º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas e de 2º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa, contando entre o público asistente con usuarios do Centro San Xerome, o Alcalde da Guarda e a Concelleira de Cultura.
A Corporación municipal estivo composta do seguinte xeito:
GRUPO MUNICIPAL PSOE:
Neftalí González Rivas (Alcalde).
Gabriel Álvarez Alonso.
Cristian Lomba Álvarez.
Jorge Lomba Álvarez.
Ana Mª González Méndez.
Laura Rodríguez Rodríguez. (2º CMXA)
Jennifer Barbosa Álvarez. (2º CMXA)
GRUPO MUNICIPAL PP:
Sandra Sobral Enes.
Leticia Martínez Villasenín.
Laura Villa Rivero.
José Luis Linárez Carrasco.
Borja Araújo Alonso. (2º CMXA).
GRUPO MUNICIPAL BNG:
Jéssica González Martínez.
Marisa Araújo Rodrigues.
Carlota Otero Giráldez.
GRUPO MUNICIPAL MIXTO:
Victoria Portela Blanco.
Ángeles Villasenín Álvarez.
Esta actividade realizase co fin de que os alumnos e alumnas guardeses se involucren nas institucións democráticas e participen na política municipal traballando con propostas e mocións, que foron moi debatidas durante a sesión plenaria.
ORDE DO DÍA:
• Punto 1. Aprobación acta da reunión anterior.
• Punto 2. Información da Alcaldía sobre os traballos de remodelación e actualización do alumbrado público.
• Punto 3. Información da Alcaldía do estado das obras de humanización de Concepción Arenal
• Punto 4. Proposta da Alcaldía sobre a creación do programa permanente de formación para persoas en paro. – Aprobada por unanimidade
• Punto 5. Proposta do grupo muncipal do BNG para a organización de actividades no Castelo de Santa Cruz e promoción do turismo. –
• Punto 6. Proposta do grupo municipal do PP para a creación da oficina municipal de promoción, información e tramitación de iniciativas para o emprendemento e o autoemprego. –
• Punto 7. Proposta do grupo municipal mixto sobre a creación do “Polideportivo A Guarda”. – Aprobada.
• Punto 8. Rogos e preguntas.
Tag:A Guarda, pleno, pleno escolar