Concentración no día de hoxe, ás 12h. na Praza do Reló
O concello da Guarda quere expresar a súa conmoción polo grave accidente que se produciu na mañá do pasado sábado no que uns ciclistas afeccionados foron atropelados na estrada PO-552 a súa entrada na Vila, no lugar coñecido como recta das Loucenzas.

O sinistro tivo como consecuencia varios feridos, algúns deles moi graves, e un falecido. Como mostra de condolencia decretouse este luns 14 de marzo como día de loito e convócase a tódolos veciños a concentrarse ás 12 da mañá na praza do Reló, diante do edificio do concello, para gardar un minuto de silencio.
Así mesmo o concello anuncia que se fará unha sinxela homenaxe as vítimas do accidente o próximo domingo día 20 co gallo da celebración da ruta BTT do Atlántico que se celebrará entre os concellos da Guarda, O Rosal e Oia.