Resolución da presidencia do Padroado Municipal Monte Santa Trega de nomeamento do tribunal seleccionador da praza de limpador/a do Monte Santa Trega
Aprobadas mediante Resolución da Presidencia 12/2016, de 14 de marzo de 2016, as bases para a contratación laboral temporal dunha praza de limpador/a do Monte Santa Trega, esta Presidencia, de conformidade coas bases aprobadas en exercicio das súas competencias, resolve:
RESOLUCIÓN Nº 14/2016
RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA DE 13 DE ABRIL DE 2016
Aprobadas mediante Resolución da Presidencia 12/2016, de 14 de marzo de 2016, as bases para a contratación laboral temporal dunha praza de limpador/a do Monte Santa Trega, esta Presidencia, de conformidade coas bases aprobadas en exercicio das súas competencias,
RESOLVE:
PRIMEIRO: Nomear o seguinteTribunal Cualificador:
Presidente: Don Antonio Castro Videira, Celador do Padroado Municipal Santa Trega (titular); dona Norma Martinez Piñeiro, celadora do padroado Municipal Santa Trega ( suplente).
Secretario: Don. Julia Mª Carrasco Glez.-Alegre, Secretaria do Padroado Municipal Santa Trega, ou funcionario en quen delegue.
Vocais:
– Don José Luis Gil Vicente, Funcionario do Concello da Guarda – Departamento de Obras (Titular); Don Juan Antonio Taboada Veiga, Oficial Xefe da Policía Local da Guarda (Suplente).
– Don José María Alvarez Alvarez, Funcionario Administrativo do Concello da Guarda (Titular); D. Hermelindo Martinez González, Persoal Laboral – Arquitecto Técnico do Concello da Guarda (suplente).
– Dona Ana Llorca Maneiro, Interventora do Padroado Municipal Santa Trega (Titular); Dona Mª Emilia Fernandez Rodríguez, Tesoureira Acctal. do Concello da Guarda, (Suplente).
– Dona Natalia Franco Fernandez, Técnico de Administración Xeral do Concello do Rosal (titular); dona Soledad Rodríguez Crespo, Traballadora Social do Concello da Guarda (suplente).
Os/as membros dos tribunais deberán absterse de intervir, comunicándolle ó Alcalde cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, así como cando tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar ós membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 30/92.
A constitución do Tribunal terá lugar o día 18 de abril de 2016, ás 16:30 horas, nas dependencias do Concello e levarase a cabo a fase de concurso (valoración dos meritos aportados).
A realización da proba teórica terá lugar o día 20 de abril de 2016 ás 17:00 horas no Antigo Colexio Manuel Rodríguez Sinde (Rúa Puerto Rico).
A data e lugar da realización da proba práctica publicarase xunto co resultado da proba teórica.
SEGUNDO: Publicar a presente resolución no taboleiro de Anuncios do Concello de A Guarda.
A Guarda, 13 de abril de 2016.
O PRESIDENTE
Asdo. Antonio Lomba Baz