Novo equipamento para o local de ensaio da Guarda
Dende o Xoves día 7 de Abril, o local de ensaio de A Guarda, xestionado pola Concellaría de Xuventude; conta cun equipamento novo e adecuado ás necesidades dos grupos que nel ensaian cada semana.
Dende o Xoves día 7 de Abril, o local de ensaio de A Guarda, xestionado pola Concellaría de Xuventude; conta cun equipamento novo e adecuado ás necesidades dos grupos que nel ensaian cada semana. A Concelleira de Xuventude María Elena Baz, tivo un encontro cos grupos que neste momento son usuarios do local de ensaio ,para por en común os problemas con que se atopaban e a partir de agora serán solucionados.
Ademáis de coincidir todos na necesidade de coidar o material e o espazo para poder ter unha continuidade deste local,cousa que en pasadas ocasións se veu entorpecido polo mal uso do mesmo por parte de algúns usuarios.