Abertas as solicitudes para os programas de «Benestar en Balnearios» e «Benestar a través de Talasoterapia»
O Departamento de Servizos Sociais do concello de A Guarda informa que está aberto o prazo para as solicitudes nos Programas “BENESTAR EN BALNEARIOS” e BENESTAR A TRAVÉS DE TALASOTERAPIA” da Xunta de Galicia ata o 3 de maio de 2019.
Requisitos:
Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez outras pensións.
Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos ou fillas que acudan en calidade de acompañantes.
Non padecer alteración do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos , nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais e de talasoterapia
Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
A persoa solicitante poderá ir acompañada do seu ou da súa cónxuxe ou, se fose o caso, da parella de feito ou persoa con que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a) do punto primeiro e con fillo/a con grao de discapacidade que se poida desprazar con autonomía.