A Festa das Letras chega á Guarda o 19 de maio
A Guarda prepara unha xornada para a posta en valor das Letras Galegas coa iniciativa «Festa das Letras», que terá lugar o vindeiro domingo día 19 de maio na Praza do Reló(en caso de choiva na Casa dos Alonsos».
A programación de actividades contará con venda de libros con descontos para os asistentes, postos de venda de artesanía, un xogo de pistas «Superlector», un stand con publicacións municipais e un sorteo final.
As actividades terán comezo na Praza do Reló ás 11:30h co Contacontos «A detective peregrina», a cargo de Polo Correo do Vento, seguido ás 13:00h dunha sesión de vermouth musical con «Roger de Flor».
Pola tarde, ás 16:30h celebraranse varios xogos populares entre os que destacan as carreiras de sacos, zancos, parchís xigante, entre outros.
Ás 18:00h terá lugar o espectáculo para nenos «Canta miña pedra canta» a cargo de Xoan Curtel e Charo Pita e rematará ás 20:00h cun traballo onde voz narrada e cantada contan historias recollidas no noso entorno baixo o título «Por unha peseta» a cargo da Compañía A Patacón con Vero Rilo e Faia Díaz (integrante do grupo De Vacas)
Xogo de Pistas «Superlector»
Unha das actividades principais desta Festa das Letras 2019 na Guarda e o Xogo de Pistas «Superlector», un xogo que consiste en buscar, a partires dun fragmento de texto, unha ilustración ou unha fotografía, ou título dos libros, a colección a que pertence e o seu autor. Nesta actividade poderán participar nenos e nenas de entre 3 e 12 anos en tres categorías.
Para participar é preciso que se recollan as pistas no Centro Cultual dende o sábado 11 de maio en horario de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00, e entregarse resoltos o día 19 coincidindo coa Festa das Letras.
Unha vez completado o xogo, os participantes deberán entregar a pista resolta o día 19 de Maio na Festa das Letras na propia Praza do Reló para comprobar os resultados e, así, conseguir un Agasallo de SUPERLECTOR.