A Guarda acolle este sábado a II edición de «La Guardia en Danza»
O vindeiro sábado día 20 de xullo o Auditorio de San Bieito da Guarda acolle a segunda edición de «La Guardia en Danza», un evento organizado polo Centro DO-MAJÓ en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello da Guarda.
Este evento, con entrada de balde arranca ás 20:30h contando con varias exhibicións de Danza Moderna, Hip-Hop, salsa, entre outros.
Participará o grupo de danza moderna do Centro DO-MAJÓ e escolas de Vigo e do Baixo Miño con espectaculares exhibicións cheas de orixinalidade.
Un espectáculo de música e danza ao ar libre onde ademais se sortearán varios premios.
Tag:A Guarda, danza, Deporte, la guardia en danza