Este sábado celebrase o IV Encontro da Canción Mariñeira
O Auditorio de San Bieito será o escenario este sábado día 31 de agosto para a celebración da IV edición do Encontro da Canción Mariñeira, un evento musical que arrancará ás 20:30h.
Nesta IV edición o Encontro da Canción Mariñeira contará coa participación dos grupos Coiro Vello da Guarda, Orfeao de Vila Praia de Ancora(Caminha) e a Agrupación Coral Polifónica da Guarda.
No repertorio deste encontro os asistentes gozarán da música tradicional galega e portuguesa, moi ligada á cultura mariñeira das vilas da franxa costeira, das redeiras, dos pescadores, dos homes e mulleres do mar.
O evento está organizado pola Coral Polifónica da Guarda en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello da Guarda.
Tag:A Guarda, cancion mariñeira, Concerto, cultura, Música