21ª edición da Travesía a Nado da Guarda
O concello da Guarda prepárase para celebrar, o vindeiro sábado dous de xullo ás 12 horas, unha nova Travesía a Nado, e xa será a 21ª edición desta competición.
O concello da Guarda prepárase para celebrar, o vindeiro sábado dous de xullo ás 12 horas, unha nova Travesía a Nado, e xa será a 21ª edición desta competición.
Esta actividade forma parte das programadas dentro da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, a festa por excelencia da localidade, que terá lugar os días 1, 2 e 3 de xullo.
A Travesía Nado está promovida e xestionada pola Concellería de Deporte da Guarda en colaboración co club de Remo Robaleira; o Club ALAGUA; a Confrarías de Pescadores Santa Tecla; e o RíoVerde motores forabordas. Nela poden participar tanto nadadores federados como non federados.
Existen un total de 12 categorías, 6 para homes e seis para mulleres, distribuídas do seguinte xeito:
CATEGORÍA FEMININA CATEGORÍA MASCULINA
A – Nados nos anos 2010-2016 C – Nados nos anos 2010-2016
B – Nados nos anos 2005-2009 D – Nados nos anos 2005-2009
E – Nados nos anos 2001-2004 I – Nados nos anos 2001-2004
F – Nados nos anos 1996-2000 J – Nados nos anos 1996-2000
G – Nados nos anos 1979-1995 K – Nados nos anos 1979-1995
H – Nados en 1978 e anteriores L – Nados en 1978 e anteriores
A distancia varía segundo a categoría. Para A, B, C, D é de 400 metros. Para o resto será de 1200 metros. A saída será dende o Porto da Guarda, xunto á Carpa da Festa da Langosta.
O prazo de inscrición está aberto dende o día 10 de xuño ata o mércores 29 de xuño. A inscrición é gratuíta e pode realizarse na web http://www.reunalia.com/7045867. Os nadadores minores de idade necesitan autorización do pai/nai ou titor, que poden descargar na parte inferior desta páxina, para recoller o gorro. Esta recollida farase o día da proba entre as 10,30 e as 11,50 horas.
Para máis información poden chamar ó Concello da Guarda ó 986 610 000, poñerse en contacto a través do e-mail deporte@aguarda.es ou consultar a web www.aguarda.es e o blog deporteaguarda.blogspot.com.