Alumnado e profesorado do IES A Sangriña participan no proxecto KA102 de Mobilidade
Con data 14 de setembro concluíu o noso proxecto KA102 – Mobilidade de Estudantes e Persoal de FP correspondente ao curso 2018/19 que permitiu realizar prácticas formativas aos estudantes e períodos de observación aos docentes.
Neste curso 2018/19 o IES A Sangriña modificou a súa oferta educativa, por unha banda substituír o CM de Carrocería ordinario por outro de adultos na modalidade de FP Dual e impartiuse un curso de Capacitación Profesional de Nivel 2 de “Embellecemento e Decoración de Superficies de Vehículos”.
O programa desenvolveuse en Portugal, concretamente en Lisboa e Oporto. Dada a situación fronteiriza da nosa localidade, estas Mobilidades propician a posibilidade de abrir un novo e amplo mercado laboral, ademais de reforzar os vínculos entre Galicia e Portugal promovendo a circulación e o intercambio de traballadores entre as nosas comunidades.
Os alumnos seleccionados recibiron previamente formación cultural e lingüística cunha profesora nativa.
Realizáronse 6 Mobilidades de alumnos de ciclos medios, 2 Mobilidades de alumnos de FP básica, 4 de estudantes titulados do curso de Capacitación Profesional. Tamén 4 docentes realizaron un “Job shadowing” en centros de FP da zona de Lisboa.
Con estas Mobilidades afianzáronse as habilidades intelectuais, sociais, profesionais e interpersoais do profesorado e alumnado de formación profesional do IES A Sangriña da Garda complementando a súa formación e proporcionando ferramentas para a consecución dos seguintes obxectivos:
– Creación dun novo vínculo cun centro de FP de Lisboa. Intercambiando experiencias, coñecementos e propiciando posibles acordos de colaboración futuros.
– Potenciar do efecto multiplicador que exerce a experiencia internacional dos profesores.
– Ofrecer aos estudantes de ciclos formativos que non participan nos programas de Mobilidade o beneficio do coñecemento e a experiencia dos seus docentes.
– Desenvolver habilidades interpersonais, sociais, pragmáticas e comunicativas de todos os participantes.
– Aproximación a realidades empresariais, culturais e conceptuais diferentes á contorna local.
A formación para os alumnos de Ciclos Medios desenvolveuse do 3 de abril ao 21 de xuño (80 días) coa realización de Formación en centros de traballo (FCT) relacionados cos seus respectivos ciclos. Os alumnos que realizaron as Mobilidades foron:
• -Ciclo Medio de Ectromecánica de Vehículos: José Carlos Baz González, Raúl Castro Airas, Rubén Cortiñas Areas e Alfredo Fontiñas González.
-Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes: Diego González Cerqueira e Adrián Núñez Martínez.
A formación para alumnos de FP Básica de Mantemento de Vehículos iniciouse o 23 de abril estendeu ata o 21 de xuño (60 días) para cursar a FCT. Os alumnos que realizaron as Mobilidades foron:
– Miguel Eduardo Cardoso González e Jesús Durán Conde.
Os alumnos de Curso de Capacitación Profesional de Nivel 2 de Embellecemento e Decoración de Superficies de Vehículos realizaron prácticas en Oporto do 15 de xullo ao 30 de agosto (47 días) complementando a súa formación unha vez titulados. Os estudantes titulados que realizaron as Mobilidades foron:
– Francisco Carreira Carreira, Fátima Cividanes Rodríguez, Brais Ribeiro Martínez e Mario Rodríguez Álvarez.
O Job shadowing dos docentes (5 días) cursouse en tres centros formativos de FP da rexión de Lisboa, participando:
– Beatriz Couce Rodríguez, María Teresa Álvarez Rodríguez Domingo Caldevilla Lago e Juan Carlos López Pazos.
Con Data 30 de setembro concluíu o proxecto KA103 – Mobilidade de Educación Superior que permitiu á alumna Daisy Fernández Busto realizar a FCT (90 días) dos seus estudos do Ciclo Superior de Administración e Finanzas nunha multinacional con sé en Lisboa.
Foi María Teresa Álvarez Rodríguez, profesora do Ciclo Superior de Administración e Finanzas quen que puxo en marcha os protocolos de execución de ambos proxectos coordinado á Comisión de Mobilidade integrada os titores dos estudantes participantes.
Neste novo curso 2019/20 o IES A Sangriña xestionará un proxecto KA116 – Mobilidade de Estudantes e Persoal de FP con Carta de Mobilidade de FP. Está prevista a participación de 10 estudantes e 4 docentes.
Como menciona o lema do proxecto ERASMUS+, seguimos “ENRIQUECENDO VIDAS, ABRINDO MENTES”.