Alberto González e Sara Ibáñez, gañadores da XXI Travesía a Nado Porto da Guarda
Este sábado día 2 de xullo tivo lugar, no Porto da Guarda, a XXI edición da tradicional Travesía a Nado Porto da Guarda. Esta é unha das citas destacadas para os deportistas de toda a Comarca do Baixo Miño e do norte de Portugal.
Este sábado día 2 de xullo tivo lugar, no Porto da Guarda, a XXI edición da tradicional Travesía a Nado Porto da Guarda. Esta é unha das citas destacadas para os deportistas de toda a Comarca do Baixo Miño e do norte de Portugal.
Preto de 80 participantes acudiron á Travesía para nadar nas frías pero impresionantes augas da Guarda o sábado cara ás 12 horas, momento no que deu comezo a proba.
Os primeiros en participar foron os valentes rapaces e rapazas das catro categorías infantís, que realizaron un percorrido de 400 metros. Os premios para os nadadores máis xoves foron para Robinson Catro Barros e Inés Borge Juste.
Despois tocoulles a quenda ás categorías dos máis maiores, que incluía a todos aqueles que naceron a partir de 2004. Estas seguintes oito categorías fixeron un percorrido de 1200 metros animados por decenas de persoas que se achegaron para ver a xesta destes deportistas. Os vencedores dos premios especiais aos nadadores máis veteranos foron Cristina Calviño Cancela e Andrés Jesús Rodríguez Lemos.
Os gañadores absolutos foron, en categoría feminina Sara Ibáñez Carrera e en categoría masculina, Alberto González Martínez. Non obstante, todos os participantes poden considerarse uns gañadores por ser quen de rematar esta esixente Travesía, que pon a proba a resistencia de ata os mellores dos nadadores.