O concerto do grupo Presumido pechou a programación musical do Nadal na Guarda
O pasado sábado día 4 de xaneiro a Praza do Reló acolleu o Concerto do Grupo Presumido, enmarcado na Programación de Nadal 2019/20 do Concello da Guarda.
O grupo Presumido está a piques de comezar a súa xira de presentación de CUATRO ESTACIONES, segundo LP de Presumido. Un show que cun rango de frecuencias emocionais moi amplo, no cal o pop, a electrónica, a escenografía e a innovación tecnolóxica, farán as delicias dos amantes da música coidada ao detalle.
Presumido é unha ponte entre o pasado, presente e futuro do Electropop, unha proposta formada por Tarci Ávila e Nacho Dafonte que busca explorar novos territorios musicais do pop en español na súa vertente máis electrónica.
As súas influencias son todas internacionais (James Blake, Foster The People, Taylor Swift, Bon Iver, Apparat…) salvo unha, Tino Casal, a quen admiran e reivindican como máximo expoñente español do pop electrónico.
Definitivamente, atoparon o seu estilo e o seu lugar na música, e así o demostraron na Praza do Reló da Guarda ante máis dun cento de persoas.