Nova entrega do ciclo de faladoiros “Diálogos en Educación”
O terceiro faladoiro dos “Diálogos en Educación” celebrarase o vindeiro xoves, 14 de xullo, ás 20 horas, no patio do colexio dos PP. Xesuítas en Camposancos.
O terceiro faladoiro dos “Diálogos en Educación” celebrarase o vindeiro xoves, 14 de xullo, ás 20 horas, no patio do colexio dos PP. Xesuítas en Camposancos.
Esta actividade, promovida polo Concello da Guarda en colaboración coa Universidade da Coruña tráenos, nesta ocasión, ao profesor Miguel Somoza Rodríguez, do Departamento de Historia de la Educación y Educación Comparada da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED), e con él poderemos conversar sobre “A educación e as emocións nos procesos de socialización política”.
Miguel Somoza actualmente é o Director dese Departamento, anteriormente foi, profesor das Universidades de Buenos Aires e Nacional de Luján (Arxentina), da cal segue a ser profesor “Ad Honorem”. É, ademais, Subdirector do Centro de Investigación MANES (Manuales Escolares) da UNED, e Investigador Asociado do proxecto HISTELEA (Historia de la enseñanza de la lectura y la escritura en Argentina, Universidad Nacional de Luján, Arxentina). As súas principais liñas de investigación son a Historia da Educación en España e en América Latina, o patrimonio histórico-educativo, os manuais escolares e os procesos de socialización política. Con esta dilatada traxectoria en torno á pedagoxía os asistentes a estas charlas atoparan unha vez máis un novo enfoque sobre as cuestións educativas.