Aprazada a xornada de escalada no monte Santa Trega
❌ Debido ás restricións pola Covid-19 a xornada de escalada prevista para este sábado está APRAZADA ata novo aviso.
A concellería de Deportes do Concello da Guarda organiza para o día 19 de setembro unha xornada de escalada no monte Santa Trega.
A actividade levarase a cabo en dous grupos, dependendo da idade das persoas participantes. As persoas de 10 a 15 anos acudirán de 11 a 14 horas e para as maiores de 16 anos a actividade será de 17 a 20 horas. Unha vez se confirme a praza por parte do concello cada participante terá que facer efectivo o prezo da praza que neste caso será de 10€.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse no seguinte formulario online https://forms.gle/eUsjdz15DV41iJaf6
Máis información na OMIX, no mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 676 347 890