A Guarda acolle a “I Concentración de la Vieja Escuela” este sábado 8 de outubro
Entre as actividades que amenizarán esta fin de semana na Guarda, destaca a “I Concentración de la Vieja Escuela” que se celebrará este sábado 8 de outubro na rúa de Circunvalación, á altura de A Cruzada.

Trátase dunha exposición de coches e motos clásicas da comarca do Baixo Miño e doutras localidades galegas como Ourense e Lalín. Ademais, o evento organizado por Castro Sportcoa colaboración do Concello da Guarda, contará con entrega de trofeos e diversos premios. Por exemplo, unha noite de hotel para os primeiros clasificados de coche e moto.
A hora de apertura da mostra será ás 15 horas. Para realizar as inscricións para montar os stands, para o cal os participantes contan con espazos gratuítos á súa disposición, ou para consultar calquera outra información, poden chamar ó número de teléfono 664 636 547.