Remataron as obras de mellora do rueiro de acceso ás explotacións agrarias no camiño de Cividáns a Pintán
Dentro do “Plan Marco: Mellora de camiños de titularidade municipal de acceso a explotacións agrarias 2016”, o Concello da Guarda solicitou unha axuda para o proxecto de mellora do rueiro de acceso ás explotacións agrarias no camiño entre Cividáns e Pintán.

Esta foi solicitada á Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, que concedeu unha axuda para este proxecto polo importe de 44.293€ para un orzamento total da obra de 53.399,25€. A diferencia, 9.106,25€, foron a cargo do Concello da Guarda.
As obras consistiron no pavimentado do camiño con recollida de augas. Ademais, rehabilitouse un tramo empedrado que se atopaba en moi mal estado, e que tras as obras se atopa totalmente acondicionado para a súa utilización.
Dende o Concello da Guarda lémbrase que esta subvención é exclusivamente para camiños que conduzan a explotacións agrarias inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REAGA), non podendo ser invertida noutro tipo de rueiros ou estradas.