Rematan as sesións de AFTERWORKS este xoves cunha mesa de traballo sobre iniciativas innovadoras no Pequeno Comercio
Este xoves, 17 de novembro, ás 20’30 horas, culminará o ciclo de ponencias AFTERWORKS dirixidas a profesionais do Sector do Comercio da Guarda. As sesións rematarán con esta cuarta cita, tras as tres ponencias realizadas polas empresas Frutas Nieves, Cervezas Nós e Don Disfraz.

Hoxe os asistentes terán a ocasión de participar, na Casa dos Alonsos, nunha mesa de traballo de “Brainstorming e presentación de iniciativas innovadoras no Pequeno Comercio”. Esta sesión estará guiada por Luís Otero, empresario e consultor especializado en marketing e vendas, que exporá diversas claves para mellorar e ser máis competitivos nos negocios.
Tras esta intervención realizarase unha actividade por grupos na que os comerciantes serán os principais protagonistas e que ten coma obxectivo obter conclusións e extrapolar ideas creativas que poidan aplicar ao seu día a día.
Dende o Concello da Guarda convídase a participar nesta última cita de AFTERWORKS, nunha sesión moi interactiva que remata un ciclo que se espera fose de interese e servira para ampliar coñecementos e compartir ideas aos traballadores do Pequeno Comercio da Guarda.