Comerciantes da Guarda asistiron este sábado ao obradoiro de decoración navideña “Un adorno para o Nadal guardés”
Uns 30 comerciantes e veciños e veciñas da Guarda participaron este sábado, 26 de novembro, no obradoiro “Un adorno para o Nadal guardés” que se celebrou na Casa dos Alonsos ás 15’30 horas.
Uns 30 comerciantes e veciños e veciñas da Guarda participaron este sábado, 26 de novembro, no obradoiro “Un adorno para o Nadal guardés” que se celebrou na Casa dos Alonsos ás 15’30 horas.
Esta iniciativa forma parte da campaña de Nadal impulsada dende o concello da Guarda, dentro do programa “Decora o teu Nadal”, que convidou ás asociacións culturais, sociais e deportivas e ás comisións de festas a colaborar na organización e decoración urbana da Guarda neste Nadal 2016.
Co obxectivo de que os comerciantes tamén se sumaran, dende o concello se buscou un elemento decorativo común que puideran realizar eles mesmos e que lograra darlle a vila unha decoración unificada. Isto foi o que se levou a cabo no obradoiro do sábado, impartido pola interiorista Maite Lomba, quen ademais tamén realizou dous titoriais explicando como realizar o adorno para os que non puideron acudir. Estes vídeos poden atoparse no Facebook de Cultura da Guarda ou na páxina web www.aguarda.es.
Entre os participantes do obradoiro había comerciantes de tendas de decoración, froiterías, tendas de roupa, zapaterías, perruquerías, etc. Durante toda a tarde foron realizando o adorno para os seus establecementos, no que foi unha xornada divertida e frutífera, pois marcharon cuns fermosos adornos realizados por eles mesmos. Así que anímase aos veciños e veciñas a que se sumen a facer o adorno para decorar portais, balcóns, fiestras, etc.
Ademais o obradoiro tamén contou coa presencia do alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Comercio, Montse Magallanes; e a concelleira de Cultura, Elena Baz, que non se quixeron perder unha iniciativa que axuda a afianzar as relacións entre o comercio da Guarda e o concello, colaborando man a man nesta campaña navideña.
Ó remate da tarde os e as participantes non dubidaron en felicitar aos organizadores pola iniciativa, destacaron o bo ambiente e expresaron o seu desexo de repetir a experiencia. Polo momento, este ano haberá máis obradoiros, pero dirixidos aos máis cativos. O vindeiro 10 de decembro se impartirá o obradoiro “Decora o teu concello”, o día 22 o seguinte, “Decora a Praza de Abastos” e o 28 o último, “Decora a Recepción Real”. Todos os nenos e nenas, de entre 4 e 12 anos que queiran inscribirse, poden facelo no Departamento de Cultura o concello da Guarda ou a través do e-mail cultura@aguarda.es ata o mércores 7 de decembro.