Arranca o Nadal guardés co acendido da iluminación navideña
Este luns día 5 de decembro, A Guarda deu a benvida de xeito oficial ao Nadal co acto de acendido da iluminación navideña organizado polo concello en colaboración co Mercado do Reló e comerciantes da vila.

O acto, que tivo lugar na Praza do Reló, deu comezo cara as 20 horas e nel interviu unha representante do Mercado do Reló, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e a concelleira de Cultura, Elena Baz.
A continuación o alcalde, axudado por un grupo de nenos e nenas, procedeu ao momento que todos esperaban: o acendido da iluminación de Nadal da Praza do Reló e do resto da Guarda. Deste xeito, os asistentes puideron ser os primeiros en admirar as luces e decoracións que embelecerán as rúas guardesas durante todo o Nadal.
A tarde completouse con diversas actuacións. Así, contou coa presencia do grupo de baile Xamaraina e con DJ Maci. Ademais, tamén estivo a Caravana impulsada dende o Mercado do Reló, que estará durante estas datas polas diferentes rúas da vila coa campaña “A Guarda é Nadal”.