O obradoiro de Empaquetado creativo inaugurou as actividades navideñas do mes de decembro na Guarda
O mes de decembro deu comezo na Guarda cargado de actividades para todos os públicos e idades, cunha oferta variada que se prolongará durante todo o mes e o Nadal, ata o 15 de xaneiro.
O mes de decembro deu comezo na Guarda cargado de actividades para todos os públicos e idades, cunha oferta variada que se prolongará durante todo o mes e o Nadal, ata o 15 de xaneiro.
A primeira das actividades navideñas de decembro, organizada dende a OMIX do Concello da Guarda, tivo lugar o pasado venres día 2 dende as 19,30 ás 21,30 horas. Tratouse dun obradoiro de empaquetado creativo especialmente dirixido á mocidade, e de balde, no que os participantes pasaron unhas horas amenas de lecer nas que aprenderon a facer empaquetados creativos realizados por eles mesmos, dando ideas coas que poder sorprender a familiares e amigos. Deste xeito os agasallos de Nadal terán un toque aínda máis especial.
Tras este obradoiro realizaranse outros como os dirixidos ós máis cativos da casa dentro da campaña “Decora o teu Nadal”. O primeiro dos tres obradoiros de decoración navideña do Nadal dos Nenos será “Decora o teu Concello” o vindeiro sábado 10 de decembro.