“Anriquito”, cinema solidario en favor de Conrazones este xoves na Guarda
Este xoves 22 de decembro o Centro Cultural da Guarda acolle a proxección do filme do Grupo San Roquiño “Anriquito”, ás 20’30 horas, nunha data de cinema solidario.
Este xoves 22 de decembro o Centro Cultural da Guarda acolle a proxección do filme do Grupo San Roquiño “Anriquito”, ás 20’30 horas, nunha data de cinema solidario.
Esta iniciativa servirá para presentar o filme “Anriquito” e tamén como acto solidario, xa que a entrada será 1 kg. de alimentos non perecedoiros a favor da Asociación Conrazones.
Chega así ao concello da Guarda, tras o estrea que tivo en Goián en outubro, un filme rodado polos veciños de Tomiño e que nesta presentación na Guarda servirá para colaborar co Asociación Conrazones na súa labor de axuda ós máis desfavorecidos da Comarca do Baixo Miño.
O concello da Guarda, como colaborador da iniciativa, anima a todos os guardeses e guardesas a desfrutar do filme e sobre todo a aproveitar esta oportunidade de colaborar con causas tan importantes como a da asociación Conrazones, aínda máis se cabe nestas datas de Nadal.