Nenos e nenas da Guarda decoraron a árbore de Nadal da Biblioteca Municipal
Os máis cativos sempre son os grandes protagonistas destas datas e, como tal, dende o concello da Guarda estanse a levar a cabo moitas actividades para os nenos e nenas da vila.
Os máis cativos sempre son os grandes protagonistas destas datas e, como tal, dende o concello da Guarda estanse a levar a cabo moitas actividades para os nenos e nenas da vila.
Os pequenos están a axudar na decoración e embelecemento da vila a través de diversos obradoiros. Ademais dos obradoiros de decoración navideña infantís “Decora o teu Nadal” organizados dende o Departamento de Cultura, tamén este pasado sábado tiveron a oportunidade de adornar un lugar importante da vila: a Biblioteca.
Nunha nova sesión de Contos Contados, que tivo lugar o sábado pasado ás 11’30 horas, os nenos e nenas puideron desfrutar de cantos e contos de Nadal. Pero tamén tiveron a continuación a actividade “Viste a árbore de Nadal”. Neste pequeno obradoiro realizaron os adornos que locen na árbore da Biblioteca, que estará alí durante todo o Nadal, para acompañar aos guardeses e guardesas que se acheguen á Biblioteca durante estas festas.