Os cativos da Guarda decoran a Praza de Abastos cos adornos realizados no obradoiro “Decora o teu Nadal”
Este xoves día 22 a Casa dos Alonsos da Guarda acolleu, dende as 11’30 horas, o segundo dos obradoiros de decoración infantil “Decora o teu Nadal”.
Este xoves día 22 a Casa dos Alonsos da Guarda acolleu, dende as 11’30 horas, o segundo dos obradoiros de decoración infantil “Decora o teu Nadal”.
Despois de que os nenos e nenas participantes decoraran o pasado sábado 10 de decembro as escaleiras do edificio do concello, desta volta o obradoiro estivo adicado á Praza de Abastos da vila.
Deste xeito os pequenos continúan a axudar na decoración e embelecemento da vila, neste caso dun lugar tan importante para a dinamización social da Guarda como é a Praza de Abastos.
Ademais, na mañá de onte o concello da Guarda organizou tamén unha chocolatada de balde na propia Praza de Abastos e música para amenizar as rúas da vila a cargo do Coro Fuscalheiro
A vindeira semana terá lugar o terceiro, é último, dos obradoiros infantís de decoración navideña organizados polo concello da Guarda. Realizarase co obxectivo de crear adornos para a Recepción dos Reis Magos e da Cabalgata que se celebra o día 5 de xaneiro. E o próximo xoves 29 de decembro volverá a repetir a chocolatada na Praza de Abastos.