Resumo do Nadal 2016 na Guarda
Pasado o Nadal, o Fin de Ano e o Día de Reis, é hora de despedir as festas das últimas semanas tras días cheos de agasallos, comidas familiares, música e espírito navideño.
Pasado o Nadal, o Fin de Ano e o Día de Reis, é hora de despedir as festas das últimas semanas tras días cheos de agasallos, comidas familiares, música e espírito navideño. Na Guarda este Nadal foi moi especial e intenso, cheo de actividades e un dos anos no que os veciños e veciñas máis participaron no embelecemento das rúas e prazas da vila.
Nesta participación destacou a realización de varios obradoiros de decoración navideña. O primeiro deles, “Un adorno para o Nadal guardés”, tivo lugar na derradeira fin de semana de novembro e estivo dirixido aos comerciantes da Guarda e nel unhas trinta persoas realizaron un adorno coa axuda da interiorista Maite Lomba. Ademais, para todos aqueles que non puideron asistir a esta cita, dende o concello realizouse un video titorial explicando como realizalo que se colgou en Redes Sociais e na web do concello para que todo o que quixese puidese facer o adorno na súa casa.
No mes de decembro foron os nenos e nenas da vila os que axudaron na decoración navideña, con tres obradoiros organizados dende a Concellería de Cultura. En cada un destes axudaron a decorar un lugar destacado da vila. No primeiro decoraron as escaleiras do edificio do concello; no segundo, a Praza de Abastos da vila e no último prepararon a Casa dos Alonsos para a Recepción dos Reis Magos do pasado 5 de xaneiro. Neste pasado mes tamén houbo unha sesión de Contos Contados especialmente adicada ao Nadal, que contou cun obradoiro para decorar a árbore de Nadal que estivo durante todas as festas na Biblioteca Municipal.
No caso das principais prazas da vila, o concello convidou ás asociacións a ser tamén protagonistas do nadal guardés e, como en anos anteriores, lanzou a campaña “Decora o teu Nadal”. Xamaraina, San Xerome, Sporting Guardés, Vento Mareiro, Sopa de Sobre e Avelaíña foron as seis asociacións que decoraron as prazas da vila con destacadas creacións inspiradas pola música, as tradicións navideñas e a temática da actividade de cada asociación.
Outras das actividades que amenizaron o Nadal guardés foron a caravana do Mercado do Reló que percorreu as rúas durante o mes de decembro, os concertos de Nadal do Conservatorio, de Pandereteiras e de Panxoliñas; as chocolatadas gratuítas que se celebraron os días 22 e 29 de decembro na Praza de Abastos ou a Música nas rúas da man do Coro Fuscalheiro. Tamén houbo cinema, tanto para adultos como filmes familiares e representouse o espectáculo infantil do Mago Rafa e a obra de teatro “O que hai que ver” no Centro Cultural, con gran éxito de público.Ademais destacou como novidade o Chapuzón Navideño que reuniu a familias guardesas na Piscina Municipal a mañá do 31 de decembro para despedir o ano dun xeito divertido e orixinal.
Cabalgata de Reis e Recepción Real
Un dos días máis especiais do Nadal na Guarda e que marcou o final destas festas foi a Cabalgata e a Recepción Real do xoves 5 de xaneiro. Arredor das 18 horas, as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente saíron dende a Alameda para percorrer, na tradicional Cabalgata de Reis, as rúas guardesas acompañados de nenos, nenas e familias enteiras que ateigaban as beirrarúas nunha tarde na que acompañou o bo tempo e no que se repartiron arredor de 400 quilos de caramelos, ata chegar á Recepción na Casa dos Alonsos.
Unha vez alí, Melchor, Gaspar e Baltasar recibiron aos cativos da vila, recolleron as cartas que escribiron e escoitaron os seus desexos.
O Concello da Guarda agradece a todos os veciños e veciñas da localidade a súa participación neste Nadal e desexa a todos os habitantes da vila un próspero ano 2017.