Continúa a programación de outono na Guarda co espectáculo poético “Rompente”
• Terá lugar o venres 22 de outubro ás 21:00h no Centro Cultural e contará coa presencia de Antón Reixa
En 1976, Alfonso Pexegueiro e Antón Reixa iniciaron a actividade pública de “Rompente Grupo De Comunicación Poética”. Durante o ano 1978 o colectivo pasa a estar formado por Camilo Valdeorras, Alberto Avendaño, Manuel María Romón.
Finalmente, en 1979, a formación consolídase arredor de Reixa, Avendaño e Romón.
O ideario da iniciativa Rompente foi propoñer unha liña de traballo baseada na intervención pública cun concepto da escrita poética de forte carácter vangardista e innovador que viña rachar cos postulados da poesía social, aínda que o colectivo mostrou sempre unha combativa posición política, na liña de ruptura nos primeiros tempos posteriores á morte do Xeneral Franco.
Algo que levará boca
Recuperando a súa propia tradición interdisciplinar, Rompente propón un novo espectáculo con textos de Romón, Avendaño e Reixa, na súa maior parte, novos e inéditos para ser presentado nunha xira de 8 eventos en localidades e cidades de Galicia entre os meses de outubro e decembro do 2021. Con toda probabilidade, eses textos formarán unha nova publicación de Rompente nos próximos meses.
Na Guarda o evento terá lugar o venres 22 de outubro ás 21:00h no Centro Cultural, cun espectáculo poético que contará coa presencia de Antón Reixa.
As entradas están dispoñibles a través de: https://www.eventbrite.es/e/entradas-rompente-algo-que-levar-a-boca-185661146487