Contacontos, flashmob e batucada serán os ingredientes do Samaín 2021 na Guarda
• A programación, pensada para os mais pequenos precisará de inscrición previa no mail centrocultural@aguarda.es
O Concello da Guarda deseñou unha programación que encherá mañá e tarde do sábado 30 de outubro e que foi pensada para divertir aos mais pequenos da casa que son os que cada ano con mais ansia esperan esta data e tamén para animar as rúas da vila na tardiña da man dun flashmob (baile conxunto na Praza do Reló) e unha batucada que percorrerá as rúas da vila como broche final.
ACTIVIDADES BIBLIOTECA MUNICIPAL
As propostas relacionadas co Samaín comezarán dende o venres 29 na Biblioteca Municipal que se suma á celebración do Samaín a través de dúas iniciativas.
– A proposta “Facemos un trato?”, que obsequiará cun pequeno detalle a tódolos nenos que se acheguen durante o venres 29 e sábado 30 ata a Biblioteca e leven un libro en préstamo, a cambio iso si, de deixar un pequeno mensaxe na decoración de Samaín que decorará o espazo durante estes días.
– E na mañá do sábado 30 de outubro acollerá no Salón de Actos do Centro Cultural ás 12h. o Contacontos “Contos para pasalo de medo”, un espectáculo de Carmen Domech (Títeres Cachirulo) pensado para rapazas e rapaces de 4 a 11 anos. As prazas para este evento están xa esgotadas
FLASHMOB E BATUCADA 30 DE OUTUBRO
Debido á previsión meteorolóxica desfavorable o Flashmob e posterior actuación da batucada queda suspendida.
CINEMA
O Centro Cultural acolle ás 18:00h do sábado 30 de outubro a proxección da película Hotel Transilvania 3. Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es